A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións
2023-12-05
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía e Industria organiza o curso “Preparación de propostas 2015 para o Consello Europeo de Investigación (ERC)” que se celebrará o próximo 4 de decembro no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela dende as 9:00 ata as 18:30 horas.
O obxectivo desta xornada, dirixida a persoal investigador de excelencia interesado en participar nas próximas convocatorias ERC do programa Horizon 2020 (H2020) da Comisión Eur?opea, é prestar apoio á preparación de propostas dentro deste programa: informando das posibilidades de financiamento para persoal investigador de alto nivel dentro do programa H2020; explicando as principais claves para definir propostas de éxito; ensinando a deseñar unha proposta para estas convocatorias e a usar as ferramentas existentes para a presentación de propostas.
Este curso enmárcase dentro do programa Oportunius que acaba de lanzar dende a Axencia Galega de Innovación para contribuír a que investigadores excelentes desenvolvan a súa actividade en Galicia e, ao mesmo tempo, participen no escenario global da investigación europea e mundial.
Para lograr este obxectivo, GAIN prevé 3 itinerarios: o itinerario 1 orientado aos gañadores de axudas ERC, que se concretará na posta a disposición destes dun marco laboral estable e dos recursos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa carreira investigadora; o itinerario 2 dirixido aos investigadores participantes nas convocatorias ERC que non obtiveron financiamento e que consistirá na prestación de apoio para a presentación dunha nova candidatura no futuro e mellorar o seu perfil científico; e, por último, o itinerario 3 enfocado a investigadores con alta potencialidade de xeración de ciencia excelente, que se concretará en asesoramento e formación para que poidan presentar candidaturas con altas posibilidades de éxito.
Esta xornada forma parte do terceiro itinerario, a través do que a Axencia Galega de Innovación pon á disposición de todos os interesados a posibilidade de acollerse a un servizo de asesoramento e formación.
Para participar no curso precísase inscrición. Tanto o programa completo da xornada coma o formulario de inscrición están dispoñibles a través deste enlace