A Coruña acolle a 8ª conferencia do Programa H2020

2014-11-24
  • Nela analizaranse as primeiras experiencias de participación española no programa co obxectivo de aumentar o éxito en vindeiras convocatorias

Máis de 450 axentes do sistema galego de innovación participarán mañá martes, 25 de novembro, en A Coruña na 8ª Conferencia do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea en España baixo o título “Horizonte 2020: Primeiras experiencias e resultados”. O evento, organizado polo Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial e o Ministerio de Economía e Competitividade co apoio da Axencia Galega de Innovación e a Comisión Europea, terá lugar no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO).

No encontro analizaranse as primeiras experiencias de participación española nas convocatorias do programa Horizonte 2020, co obxectivo de optimizar esta participación en vindeiras convocatorias. Así mesmo, exporanse as principais novidades que presenta o programa co obxectivo de achegar a investigación ao mercado.

Por último, o evento servirá para analizar as grandes oportunidades que ofrece Horizonte 2020 para o noso país, así como as medidas de apoio postas en marcha polas Administracións para impulsar a participación e o liderado de proxectos por parte de entidades españolas.

Para máis información sobre o evento, así como acceder ao programa, podes consultar a seguinte páxina web: www.cdti.es/ConferenciaH2020