A Xunta participa en tres novos proxectos a nivel europeo en materia de innovación
15/01/2023
- As iniciativas, nas que están presentes entidades de máis de 30 rexións e cuxa duración se prolongará ata 2026, mobilizarán máis de 1,1 M€ na Comunidade
- Permitirán impulsar a dixitalización da industria galega, en especial das pemes; favorecerán a utilización de intelixencia artificial a través de actividades de demostración co apoio de Gradiant e Innolact; e proporán modelos de xestión colaborativa para reforzar os servizos dos hubs de innovación dixital
- Un dos proxectos contribuirá a aumentar o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia no tecido produtivo
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2023.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, participará en tres novos proxectos europeos de colaboración en innovación financiados pola Com …


