A Xunta de Galicia destaca a importancia de que os países iberoamericanos se atopen irmandados por unha mesma visión do que significa a I+D+i
02/11/2022
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración da V Reunión de Ministras, Ministros e Altas Autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Iberoamérica, que se celebra en Santiago de Compostela
- Apunta que o camiño da innovación en Galicia se basea na confianza e na colaboración con todos os axentes que conforman o ecosistema e en sectores estratéxicos como o aeroespacial, o biotecnolóxico ou as tecnoloxías cuánticas
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou na inauguración da V Reunión de Ministras, Ministros e Altas Autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Iberoamérica a ...


