A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, salientou hoxe na inauguración da Semana Internacional Láser a importancia desta tecnoloxía para incrementar a competitividade da industria galega. Neste sentido, Varela, que lembrou que Galicia conta grazas ao esforzo conxunto de Aimen, Goberno central e Xunta co mellor Centro de Aplicacións Láser de España e un dos mellores de Europa, destacou que o láser está chamado a xogar un importante papel na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que mobilizará 1.600M€ ata 2020 en proxectos innovadores.
En concreto, o director da Axencia Galega de Innovación explicou que a tecnoloxía láser forma parte da fábrica do futuro que centra un dos tres retos en torno aos cales se articula a RIS3, a través do cal se busca mellorar a competitividade das industrias con máis peso na economía galega, como a automoción, o naval, o téxtil, a alimentación, a transformación da madeira ou a metalurxia. Para logralo, apóstase por aproveitar novos nichos de mercado, orientando a experiencia dos sectores auxiliares do naval ou da automoción de cara a acceder a industrias de alta tecnoloxía coma a aeronáutica ou a aeroespacial. Isto acompañarase da mellora competitiva industrial a través da aplicación da innovación nos procesos produtivos para camiñar cara a fábrica do futuro: un modelo máis eficiente e cun mellor comportamento medioambiental.
Nesta liña, Manuel Varela destacou a importancia da transferencia de resultados, destacando a aposta pola colaboración de centros de coñecemento e tecnolóxicos coas empresas para que diferentes tecnoloxías, como o láser, se incorporen nos procesos e servizos do tecido empresarial.
A Semana Láser, que se celebra ata este venres no Porriño, reúne a investigadores, desenvolvedores e usuarios finais da tecnoloxía láser aplicada aoprocesado de materiais, para o que conta cun amplo programa de actividades, conferencias, seminarios, cursos e encontros.