A Xunta apoia ás pemes lucenses para que dean os primeiros pasos na innovación
21/03/2023
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a iniciativa emprendora Biobocado, que grazas á súa participación na primeira edición de Bonos de innovación desenvolveu un novo produto de pastelaría saudable
- A nova edición do programa, dotada cun orzamento de 750.000 euros, prevé mobilizar máis dun millón de euros
- O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 10 de abril e entre as principais novidades atópase a ampliación dos posibles beneficiarios ás entidades do terceiro sector, sempre que teñan actividade económica
- Tamén se amplían as actividades obxecto de axuda, incluíndo actuacións de deseño ou as bonificacións de persoal investigador
Lugo, 21 de marzo de 2023.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia A …


