Galicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade
18/04/2023
- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe nunha xornada do foro de innovación Conecta Mar
- Na iniciativa participaron Iberconsa, Anfaco-Cecopesca e 10 pequenas e medianas empresas do sector que traballaron en conxunto na identificación de retos do sector e plans de actuación para dar resposta aos mesmos a través da innovación
Vigo, 18 de abril de 2023.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou esta mañá en Vigo que Galicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade.
Conde interveu nunha xornada do foro de innovación Conecta Mar, no que participaron Iberconsa como empresa trac …


