A investigación fronte á covid impulsada desde Lugo permite avanzar no desenvolvemento de sistemas de detección e de fármacos a partir de produtos naturais
11/05/2023
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron esta mañá na presentación de dous proxectos apoiados pola Administración autonómica a través do programa Conecta Covid
- Ambos proxectos, nos que participan o grupo AMSlab e a Universidade de Santiago de Compostela, entre outras entidades, foron financiados con fondos Feder
- Nanofluidetec desenvolveu un dispositivo automatizado para a diagnose rápida da covid-19 combinando nanotecnoloxía, PCR e microfluídica
- Digital Biocov acometeu un sistema de detección temperá de actividade anticovid a partir de biomoléculas presentes en fungos e microalgas empregando técnicas de intelixencia artificial
Lugo, 11 de maio de 2023.- A directora ...


