A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, e o director de Xesgalicia, Juan Cividanes, anunciaron hoxe xunto coa delegada de Zona Franca, Teresa Pedrosa, e Pedro Núñez, director de Vigo Activo SCR, que a Consellería de Economía e Industria investirá 770.000 euros no programa de aceleración de empresas innovadoras VíaVigo, promovido polo Consorcio, a través do cal se achega asesoramento, acompañamento e financiamento a novos proxectos empresariais.
Mediante o acordo de colaboración presentado hoxe polas dúas entidades, a Xunta achegará ata 75.000 euros para cada un dos 10 proxectos que resulten seleccionados para a fase de aceleración, máis 20.000 euros adicionais para apoiar o desenvolvemento do programa.
Tal e como salientaron Varela e Cividanes, este investimento, a través da Axencia Galega de Innovación e de Xesgalicia, reforza o compromiso da Xunta co emprendemento innovador como base da transformación do modelo produtivo galego cara un contexto empresarial máis competitivo, cimentado no coñecemento e na creación de valor.
O programa VíaVigo chega á súa segunda edición co obxectivo de seleccionar proxectos de negocio innovador e acompañalos na súa maduración, financiamento e posta en marcha. Trátase dun programa competitivo de alto rendemento de 18 meses de duración que combina a formación, a titorización e o mentoring co desenvolvemento das ideas nun espazo de coworking e a achega de capital semente para arrancar os 10 proxectos máis prometedores.
Ata o vindeiro 31 de xullo os emprendedores interesados no programa poderán presentar as súas candidaturas, trala ampliación do prazo. Os 10 proxectos que superen a fase de selección entrarán na fase de aceleración con financiamento achegado pola Xunta e pola sociedade de capital risco do Consorcio, Vigo Activo, para desenvolver o seu plan de negocio durante seis meses no espazo de coworking habilitado pola Zona Franca de Vigo no Parque Empresarial Porto do Molle (Nigrán).
A Xunta, que conta con instrumentos de acompañamento ao emprendemento innovador en todas as súas fases, reforza con esta actuación o seu compromiso coa etapa máis temperá, a da maduración da idea ata convertela nun proxecto de negocio capaz de constituírse en empresa de maneira sólida e competitiva.
No marco da Lei do emprendemento, o Goberno galego está a impulsar o reforzamento dos instrumentos para apoiar o desenvolvemento das novas empresas. Nesta liña, activouse a Unidade Galicia Emprende, preparada para achegar aos emprendedores todos os servizos e instrumentos de apoio sobre o territorio; tamén se está a reforzar a Rede Galega de Mentores, coordinada polo Igape, e contémplase a creación e dinamización de redes de business angels e de viveiros, como instrumentos que facilitarán a creación e o desenvolvemento de novas empresas en Galicia, e que se suman aos diferentes programas de axudas directas e de acceso ao financiamento.