GAIN E CDTI PRESENTAN OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO E APOIO PARA AS EMPRESAS INNOVADORAS GALEGAS

2014-06-20
  • Na xornada do 26 de xuño CDTI e GAIN presentarán as oportunidades de financiamento e apoio que ofrecen ambos organismos, facendo fincapé no programa CIEN (Programa estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional)
  • Na sesión do 18 de xullo explicaráse o programa Eurostars, dirixido a PEMEs intensivas en I+D+i

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), están organizando sendas xornadas de presentación das oportunidades de financiamento e apoio que ofrecen ambos organismos aos distintos axentes do sistema galego de I+D+i, especialmente ás empresas.

A primeira xornada, que terá lugar o xoves 26 de xuño no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela, tratará sobre as oportunidades de financiamento que ofrece CDTI para empresas, con especial atención ao programa estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CIEN), así como as liñas de axuda e servizos que oferta GAIN.

Pola súa banda, a xornada do 18 de xullo no CIS-Ferrol, estará centrada no programa Eurostars, unha liña de apoio ás PEMEs intensivas en I+D que desenvolvan produtos, procesos e servizos innovadores, para aumentar a súa vantaxe competitiva. Os proxectos teñen que ser transnacionais e os produtos resultantes deben poder ser comercializados rapidamente.

O carácter das xornadas será eminentemente práctico e os asistentes que o desexen poderán manter unha xuntanza bilateral tanto con representantes de CDTI como de GAIN para valorar unha posible proposta de proxecto e aclarar dúbidas sobre os instrumentos de apoio á participación galega en proxectos europeos de I+D+i, respectivamente.

O programa completo das xornadas, así como o lugar e hora de celebración e o acceso aos formularios de inscrición están dispoñibles nos seguintes enlaces: CDTI e GAIN: instrumentos de financiamento e apoio e Oportunidades de financiamento en Eurostars