Empresas e centros tecnolóxicos do sector aeronáutico e aeroespacial galego reforzan a súa presenza en Estados Unidos
15/05/2023
- Galicia compartiu en Xponential 2023, evento de referencia celebrado en Denver, os avances en I+D aplicada aos vehÃculos non tripulados desenvolvidos na comunidade
- O Polo Aeroespacial de Galicia xunto ao Consorcio Aeronáutico Galego, Centum, o Instituto Tecnológico de Galicia e Sense Aeronautics de Gradiant participaron como expositores
- Tamén asistiron Telespazio Ibérica, socio estratéxico da Xunta na iniciativa; e Lupeon, Sixtema e Marine Instruments, axentes do ecosistema aeroespacial galego
Santiago de Compostela, 15 maio de 2023 O sector aeronáutico e aeroespacial galego reforza a súa presenza no mercado estadounidense grazas á súa participación en Xponential 2023, un dos eventos de referencia internacional no segmento dos vehÃculos e sistemas non tripulados que se …


