A Xunta anima ás pemes galegas a innovar seguindo o exemplo de empresas como Jim Sports
06/06/2023
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a empresa de Palas de Rei, que está inmersa nun proceso de innovación para incrementar a súa produtividade e facer fronte aos retos do mercado
- Nas vindeiras semanas, publicarase a convocatoria da liña de axuda InnovaPeme orientada a apoiar a incorporación da innovación e o deseño nas pemes
Palas de Rei (Lugo), 6 de xuño de 2023.- A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, visitou esta mañá en Palas de Rei a empresa Jim Sports, dedicada á fabricación e distribución de equipamento deportivo. Argerey destacou o exemplo da peme lucense como caso de éxito de innovación continua para facer fronte aos retos do mercado, a través da dixitalización e automatización ...


