A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), está organizando un ciclo de xornadas de presentación das oportunidades de financiamento que ofrece Horizon 2020, o programa da Unión Europa dirixido a financiar a I+D+i no periodo 2014-2020 que conta cunha dotación orzamentaria de preto de 80.000 millóns de euros.
As oito xornadas, que comezarán o vindeiro 7 de maio e se estenderán até o outono, están dirixidas a todos os axentes do Sistema Galego de Innovación (empresas, centros tecnolóxicos, grupos de investigación, así como calquera persoa interesada en participar en programas europeos de I+D+i), especialmente ás PEMEs, co obxectivo de explicar as principais claves para concorrer con éxito a estes fondos e os apoios cos que contan por parte da administración galega para a elaboración das propostas.
Cada xornada está centrada nun ámbito temático ou sector, abordando así dende a seguridade alimentaria ou o sector naval até o novo modelo industrial ou as PEMEs. O carácter das xornadas será eminentemente práctico e os asistentes que o desexen poderán manter unha xuntanza bilateral tanto con representantes de CDTI como de GAIN para valorar unha posible proposta de proxecto e aclarar dúbidas sobre os instrumentos de apoio á participación galega en proxectos europeos de I+D+i, respectivamente.
A relación de xornadas programadas é a seguinte:
O programa completo das xornadas, así como o lugar e hora de celebración e o acceso aos formularios de inscrición están dispoñibles nesta ligazón