A Xunta destaca que o grupo Cupa avanza cara a produción intelixente e sustentable da lousa
12/07/2023
- O consorcio de empresas liderado por Cupa Innovación informou esta mañá do proxecto Smart4slate: enfoque holístico para unha produción intelixente e sustentable 4.0 da lousa natural, enmarcado no programa Fábrica Intelixente e Sustentable
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, lembrou que está actualmente aberta a convocatoria 2023 que impulsa proxectos de I+D+i estratéxicos para o tecido industrial galego
Carballeda de Valdeorras (Ourense), 12 de xullo de 2023.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Carballeda de Valdeorras a unha xornada organizada polo Grupo Cupa, en colaboración coa empresa Técnicas de Soft e o centro tecnolóxico CETIM. Nela informouse dos resultados do proxecto _Smart4slate: enfoque h …


