Lorenzana destaca as tres décadas de traxectoria da Tecnópole no impulso a iniciativas empresariais innovadoras
31/07/2023
- A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas o Parque Tecnolóxico de Galicia, destacando a súa importancia tanto para o mundo empresarial como para a tecnoloxía e a innovación
- O Plan estratéxico recolle entre os seus obxectivos para os vindeiros anos importantes proxectos entre os que destacan un Centro de Excelencia en Ciberseguridade e unha comunidade enerxética empresarial, co que se prevé instalar 2MW de tecnoloxía solar fotovoltaica
San Cibrao das Viñas (Ourense), 31 de xullo de 2023 A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe as tres décadas do Parque Tecnolóxico de Galicia no impulso a iniciativas empresariais innovadoras. Lorenzana salientou nunha v …


