A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Despois dun proceso de definición estratéxica que se iniciou a mediados de 2012 e no que participaron máis de douscentos axentes do Sistema Galego de Innovación, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), presenta agora publicamente a Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 para Galicia. Esta estratexia, que orientará as políticas de innovación da nosa comunidade durante o periodo 2014-2020, permitirá mobilizar máis de 1.600 millóns de euros de investimento.
O acto, que terá lugar o martes 25 de marzo ás 11:00 horas (previo rexistro de 10:00 a 10:45 horas) no Auditorio de Novagalicia Banco en Santiago de Compostela, contará coa intervención do comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, a secretaria de estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, do Ministerio de Economía e Competitividade, Carmen Vela, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. A asistencia está aberta a toda persoa interesada, previa inscrición a través da sección eventos
A elaboración desta estratexia responde a unha esixencia da Comisión Europea, cara as rexións e os Estados membros que desexen optar a fondos estruturais neste periodo orzamentario, de identificar as áreas de especialización susceptibles de recibir financiamento comunitario para a realización de proxectos de I+D, innovación e TIC e, deste xeito, racionalizar o uso dos recursos públicos e privados, conseguindo unha maior eficiencia e eficacia.
En Galicia este proceso de definición estratéxica desenvolveuse seguindo os pasos marcados pola Comisión Europea e contou coa participación dunha ampla representación da cuádruple hélice (administración-universidade e centros tecnolóxicos e de investigación-sector empresarial-sociedade). Froito deste proceso definiuse unha visión compartida, identificáronse unhas vantaxes competitivas, establecéronse retos e prioridades estratéxicas e definiuse un plan de acción para acadar estes retos. En concreto, establecéronse tres retos fundamentais: a xestión innovadora dos recursos naturais e patrimoniais; a mellora da competitividade e a diversificación da industria; e o logro dunha posición de liderado en vida saudable e envellecemento activo.