A Xunta apoia a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos nos que desenvolverán a súa tese doutoral
20/08/2023
- As Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaban de convocar a terceira edición do programa de Doutoramentos Industriais
- Dotado con preto de 1,9 M€, o programa permite o desenvolvemento da tese doutoral nunha contorna empresarial, favorecendo a investigación colaborativa e a transferencia de coñecemento
- Este programa, que permitiu a contratación de 30 persoas doutorandas en edicións anteriores, ten aberto o prazo de solicitude entre o 18 de agosto e o 18 de setembro
Santiago, 20 de agosto de 2023.- A Xunta de Galicia vén de convocar as axudas da terceira edición do programa de Doutoramentos Industriais, co que se buscar apoiar a contratación de 15 estudantes do sistema universitario galego en e …


