A Xunta recoñece os profesionais de transferencia de coñecemento con certificación internacional
30/10/2023
- O acto tivo lugar no marco do Encontro de asociados de RedTransfer que se celebrou no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo
- A iniciativa enmárcase no programa Ignicia, que impulsa a transferencia de coñecemento dos centros de investigación ao tecido produtivo
- Actualmente Galicia é a Comunidade con máis xestores e xestoras de transferencia que contan coa certificación internacional RTTP
Vigo, 30 de outubro de 2023.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, foi a encargada de entregar os recoñecementos aos profesionais de transferencia de coñecemento galegos que acadaron a certificación internacional Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) da Alliance of Technology Transfer Professionals (ATTP) grazas ao apoio formativo do Progra …


