A Xunta financia a actividade científica de 108 grupos e proxectos de investigación, aos que destina 17,3 M€
25/11/2023
- As consellerías de Educación e de Economía apoian os equipos máis competitivos do sistema de I+D+i galego: 48 na USC, 21 na UVigo, 16 na UDC e 23 noutros organismos
- O Goberno galego leva mobilizado máis de 223 M€ para estes grupos, o que garante que hoxe haxa 287 en activo, o máximo histórico acadado ata o de agora
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2023.- A Xunta de Galicia apoia o funcionamento dos grupos de investigación máis competitivos do sistema de I+D+i para o período 2023-2027, cunha inxección de 17,3M€ por parte das consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Economía, Industria e Innovación.
A través de ambos departamentos, o Goberno galego finan …


