Rueda agradece a implicación dos empregados públicos á hora de innovar para construír unha administración eficiente que mellora a vida da xente
18/12/2023
- Salienta que a Xunta, con máis de 100.000 empregados públicos, é a organización de Galicia “máis potente” por número e impacto da prestación de servizo público
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe a implicación e talento dos empregados públicos que, coas súas iniciativas innovadoras, axudan a construír unha administración máis moderna e eficiente ao servizo das necesidades reais dos cidadáns, e que finalmente repercute na “mellora da vida da xente”.
Así o salientou durante a entrega da quinta edición dos Premios ao empregado/a público/a innovador, na que estivo acompañado polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e pola conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenz …


