A Xunta convoca unha nova liña de axudas que apoia conxuntamente proxectos de I+D+i e investimento produtivo
14/02/2024
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora do Igape, Covadonga Toca, informaron hoxe da convocatoria conxunta Misións RIS3, que busca mobilizar capacidades empresariais, de coñecemento e tecnolóxicas de diferentes ámbitos e sectores
- O obxectivo é dar resposta aos retos identificados na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 21-27
- Os proxectos de I+D, innovación e investimento produtivo deben contribuír ás Misións, metas concretas e acadables, identificadas a través dun proceso participativo no que se recibiron máis de 500 achegas
- Este programa está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2024.- A Axencia Galega de Innovación acolleu esta ma …


