06/02/2024
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na última das xornadas informativas que percorreron as catro provincias galegas
Ferrol, 6 de febreiro de 2024.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada informativa de presentación das axudas á innovación para as pemes, celebrada en Ferrol e online. Trátase da última sesión das celebradas nas catro provincias galegas nos últimos quince días.
O obxectivo desta xornada era dar a coñecer as novidades nos requisitos e características das novas convocatorias de axudas dirixidas a pemes así como os servizos de apoio que presta a Axencia, resolver dúbidas e propiciar un espazo de networking para o contacto entre centros e empresas. Ade …