A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas define o seu plan de actuación para os próximos meses coa implicación de todas as organizacións
08/04/2024
- O seu máximo órgano de goberno reuniuse en Santiago de Compostela para acordar as accións a priorizar ao longo de 2024
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024.- O pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, unha rede de colaboración entre a Administración, os centros tecnolóxicos e de investigación, as universidades e o sector empresarial para sumar esforzos e avanzar no liderado de Galicia en tecnoloxías cuánticas, reuniuse recentemente en Santiago de Compostela para definir o seu plan de actuación para os próximos meses.
Entre as actividades priorizadas para o período 2024-2025 atópase a creación de varios comités executivos, que teñen encomendada a consecución de obxectivos concretos e accións estratéxicas que posicionen a Galicia no medio e longo prazo, c …


