A nova dirección de GAIN establece contacto con diferentes axentes do ecosistema galego de I+D+i
29/05/2024
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, recibiu esta mañá ao xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) dependente da consellería de Sanidade e a representantes do Clúster TIC
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024.- A nova directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, continúa a rolda de contactos con distintos representantes do ecosistema galego de I+D+i para coñecer as súas necesidades e establecer posibles canles de colaboración futuras.
En concreto, esta mañá recibiu ao xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández-Campa, para establecer un primeiro contacto co ente encargado da formación, investigación e innovación do sistema sanitario galego. O encontro serviu para identificar sinerxias ...


