A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, presentou hoxe a rede RECETGA-Nova, do Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia), que multiplica por 800 a capacidade da rede científica e tecnolóxica de Galicia e abre novas posibilidades para as Universidades, os investigadores e as empresas galegas. Conde salientou que a rede, cofinanciada pola Xunta e o Goberno, permitirá que as Universidades cheguen a centos de miles de fogares de manera simultánea, e lles abre a porta para que se incorporen a iniciativas de ensino masivo online.
Xunta e Goberno investiron 3,4 millóns de euros neste proxecto do Cesga, que ademais permite conectar Galicia coa rede científica portuguesa e lle proporciona a capacidade adecuada para levar a cabo ambiciosos proxectos. A iniciativa posibilitará compartir coñecemento a nivel galego e internacional dunha maneira máis rápida, flexible fiable e económica.
Durante a presentación na sede do Centro de Supercomputación de Galicia, Conde afirmou que “Recetga-Nova será a chave dos investigadores galegos ao mundo”, facendo posible que, á vez que expertos de outros países poidan facer uso dos nosos avances, “permita a Galicia asomarse en tempo real aos progresos que se fagan nos laboratorios internacionais”. Así, destacou proxectos como o do investigador da Universidade de Vigo David Posada, que desenvolveu unha aplicación sobre filoxenética usada por 40.000 usuarios de todo o mundo grazas a esta rede.
Precisamente Posada fixo uso de Recetga-Nova para presentar hoxe no Cesga o seu proxecto, a través dunha vídeo conferencia de alta definición só posible grazas a nova infraestrutura. O presidente da Fundación para a Computación Científica Nacional de Portugal, Joao Nuno, tamén participou no acto mediante vídeo conferencia, resaltando as oportunidades que se abren para a colaboración científica entre Galicia e Portugal. A rede, sinalou Conde, supón a xeración de innovación e coñecemento desde e para Galicia e, a súa vez, unha Galicia máis internacionalizada e en rede co resto do mundo.
Conde subliñou ademais que a rede de alta capacidade conectará os centros e parques tecnolóxicos galegos co resto do mundo, e se porá a disposición, por exemplo, das empresas que nacen no seo das propias universidades. A rede servirá desta forma á innovación empresarial e á creación de emprego, facilitando o crecemento do tecido galego de empresas tecnolóxicas e convertendo a economía galega nun ecosistema propicio para a innovación e o emprendemento.
O conselleiro defendeu o papel central do CESGA e da Axencia Galega de Innovación no proxecto, e destacou que o Centro de Supercomputación é a segunda mellor infraestructura da súa clase en España. “O Cesga é un claro reflexo do compromiso de Galicia coa investigación, apoiando de forma clave a medicina xenómica, colaborando co acelerador de partículas do CERN para descubrir os segredos do Universo, ou axudando aos científicos no estudio do cambio climático”, sinalou.