A Xunta participa en Pamplona no encontro de CDTI coas comunidades autónomas para estreitar a colaboración entre administracións
19/06/2024
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, asiste á cita do organismo estatal encargado de apoiar a I+D+i das empresas españolas
Pamplona, 19 de xuño de 2024.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, asistiu este martes en Pamplona ao segundo encontro organizado por CDTI (Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación) centrado na cooperación interterritorial e no aproveitamento de sinerxías entre o ente estatal e as comunidades autónomas. A xornada, que reuniu aos directores xerais con competencias en I+D+i, serviu para dialogar sobre estratexias e ámbitos de colaboración.
Entre as conclusións do encontro, acordouse intensificar esta colaboración reforzando o intercambio de información e o traballo colaborativo e cooperar n …


