Catro centros tecnolóxicos recibirán case 8 M€ da Xunta para mellorar as infraestruturas de investigación e ensaio
05/07/2024
- O CTAG recibirá unha axuda de 4M€, mentres que AIMEN recibirá 3,2M€, Gradiant uns 263.000€ e CETIM 442.000€
- Román Rodríguez destaca o compromiso do Goberno galego co fortalecemento e ampliación das capacidades científico-tecnolóxicas destes centros
- O obxectivo é facilitar o seu crecemento potenciando a súa internacionalización e reforzar as súas actividades de transferencia cara o tecido produtivo
Vigo, 5 de xullo de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, mantivo hoxe un encontro con representantes de catro centros tecnolóxicos para dar conta do apoio do Goberno galego aos seus proxectos de mellora de infraestruturas de investigación e ensaio, ...


