Novas

A Xunta destina 2,2 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación

23/07/2024

  • A Xunta de Galicia acaba de resolver a convocatoria do programa InnovaPeme, a través do que se apoian 34 plans de innovación que mobilizan 4,4M€, supoñen 25 novas contratacións e implican preto de 1M€ en subcontratacións con empresas tecnolóxicas e organismos de investigación
  • A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visita en Mos INTEGASA que está a desenvolver un plan de innovación co apoio deste programa para impulsar o seu crecemento, competitividade e sustentabilidade

Mos, 23 de xullo de 2024.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou hoxe en Mos a empresa INTEGASA, beneficiaria da convocatoria de axudas do programa InnovaPeme, cuxa edición de 2024 vén de resolverse. A través desta liña de axudas, 34 pemes galegas po …

Román Rodríguez pon a Gradiant de exemplo de impacto económico e social coa creación de tres spin-offs

23/07/2024

  • O conselleiro de Ciencia visita o centro tecnolóxico de telecomunicacións para coñecer os proxectos que está a desenvolver co apoio da Xunta
  • Destaca a súa participación no programa Ignicia de transferencia de coñecemento da Xunta con catro proxectos e dúas empresas creadas
  • O centro, que destaca nos eidos da ciberseguridade e das comunicacións avanzadas (5G-6G), incorpora áreas de especialización en tecnoloxías cuánticas e fotónicas

Vigo, 23 de xullo de 2024.- O titular de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia Gradiant, do que destacou o seu importante papel na transformación dos resultados da investigación en impacto real na economía e no emprego. De feito, ...

Román Rodríguez coñece os proxectos de CETIM aos que a Xunta apoia con máis de 8 M€

19/07/2024

  • O conselleiro de Ciencia visita as instalacións deste centro tecnolóxico multisectorial para coñecer as iniciativas nas que traballan
  • O Goberno galego ten colaborado coas súas iniciativas de investigación e ampliación de capacidades

Culleredo (A Coruña), 19 de xullo de 2024. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou hoxe o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) para coñecer as súas instalacións e os numerosos proxectos nos que traballan co obxectivo de crear valor económico e social a través do coñecemento, a ciencia e as tecnoloxías.

En concreto, o representante da Xunta de Galicia coñeceu, da man do director ...

A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para que o CESGA reforce o liderado de Galicia na investigación cuántica

18/07/2024

  • O conselleiro de Ciencia preside o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, que acorda a elaboración dun mapa de capacidades das tecnoloxías cuánticas en Galicia

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024.- A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para o CESGA e reforzar así o liderado de Galicia na investigación cuántica. Así o expuxo o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, esta mañá durante o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas.

Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, sinalou que estas tecnoloxías son “unha prioridade para Galicia, dado que a súa aplicación permitirá descubrir novos medicamentos, deseñar novos materiais, ...

A Xunta concede 53 bonos de innovación para mellorar a capacidade innovadora de 48 pemes galegas e entidades do terceiro sector social

17/07/2024

  • Os beneficiarios poderán contratar servizos de apoio á innovación como o desenvolvemento de novos produtos ou de xestión de financiamento á I+D+i
  • Acougo destinará esta axuda a validar unha metodoloxía innovadora de intervención psico-social, baseada en Lego Serious Play, para aplicala ás necesidades das familias e dos menores
  • Nas tres convocatorias de Bonos de Innovación, concedéronse 197 bonos a 177 pemes mobilizando preto de 3,7M€ grazas a un apoio público de 2,5M€

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a sede da Asociación de Familias de Acollida Acougo, para dar a coñecer a resolución da liña de axudas Bonos de ...

A Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do CIQUS con máis de 3 M€ ata 2027

17/07/2024

  • Con esta achega, a Consellería de Ciencia e Universidades facilita a estabilidade económica dos proxectos e investigadores, entre os que se atopan catro Oportunius
  • O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación aplauden a máxima puntuación acadada na renovación da acreditación de excelencia

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024.- O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Molecurales (CIQUS), da Universidade de Santiago de Compostela, para coñecer os seus proxectos e investigadores de excelencia, entre os que se atopan catro Oportunius.

Esta visita realízase tras a renovac …

O ecosistema galego de I+D+i avalía os instrumentos de apoio á I+D+i da Xunta de Galicia

16/07/2024

  • Celébranse varias mesas de traballo con distintos axentes no marco do proceso de avaliación final da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)
  • As conclusións deste proceso participativo servirán para afinar e enriquecer os instrumentos do novo Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024.- A Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, celebra hoxe e mañá en Santiago de Compostela varias mesas de traballo cos distintos axentes do ecosistema galego de I+D+i (centros tecnolóxicos, universidades, organismos de investigación, sector empresarial, sociedade e Administración) como parte do proceso de avaliación final da Estratexia de E …

Un total de 102 investigadores predoutorais súmanse ás universidades públicas e outros organismos cun contrato financiado pola Xunta

12/07/2024

  • O Goberno galego inxecta case 12M€ máis neste programa, elevando a 347 os investigadores predoutorais con apoio da Administración autonómica
  • 61 profesionais desenvolverán o seu labor na Universidade de Santiago, 20 na de Vigo, nove na da Coruña e outros 12 incorpóranse a diferentes entidades de investigación
  • Cada beneficiario recibe entre 24.000 e 30.000€ anuais durante os catro anos de contrato, ademais de complementos de ata 6.000€ por estadía no estranxeiro

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024.- Un total de 102 investigadores incorporaranse este mes de xullo ás universidades públicas galegas e outros organismos de investigación na súa etapa predoutoral cun contrato financiado pola Xunta. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución destas a …

Román Rodríguez salienta a contribución do centro mixto de investigación de Cetaqua e Viaqua á economía circular e á sustentabilidade

12/07/2024

  • O conselleiro visita a EDAR de Ourense para coñecer os proxectos de I+D+i que están a desenvolver a empresa e o centro de apoio á innovación tecnolóxica
  • A Xunta apoia este proxecto enfocado á reintrodución de residuos na cadea produtiva contribuíndo así á economía circular

Ourense, 12 de xullo de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou esta mañá na EDAR de Ourense a ecofactoría xestionada por Viaqua na que a empresa e o centro de apoio á innovación tecnolóxica Cetaqua están a probar os proxectos de I+D+i que están a desenvolver conxuntamente no ámbito da sustentabilidade e a eficiencia do ciclo da auga.

En concreto, co …

Román Rodríguez destaca Galicia como un referente na Compra Pública de Innovación en España

09/07/2024

  • A nosa Comunidade presenta un total de nove proxectos á convocatoria da Liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
  • “Cremos no valor da I+D+i e na calidade e talento que atesoura o noso sector tecnolóxico”, salienta o conselleiro

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, clausurou esta mañá o acto de presentación dos proxectos impulsados por diferentes departamentos da Xunta que participan na convocatoria da Liña de Fomento da innovación desde a demanda (FID) de Compra Pública de Innovación (CPI) promovida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Na xornada ...

1 23 24 25 26 28 29 30 31 198