A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Os directores da Axencia Galega de Innovación e de Xesgalicia, Manuel Varela e Juan Manuel Cividanes, visitaron esta mañá a empresa biotecnolóxica Keramat para comprobar o avance do investimento de 600.000 euros realizado o ano pasado pola Xunta no seu proxecto innovador a través do Fondo de capital risco i2C. Os representantes da Administración autonómica constataron o aumento do 60% no cadro de persoal de alta cualificación grazas a dito investimento, o que lles permite abordar o deseño e fabricación de novos materiais de medicina rexenerativa. Así, a través desta inxección de capital risco procedente do Fondo, a empresa incrementou o seu plantel de 14 a 25 persoas.
Durante a visita, os representantes da empresa –especializada en biomateriais cerámicos para a rexeneración ósea-, explicaron a evolución da súa estratexia de crecemento e liderado no sector, que xa lles permitiu colocar os seus produtos en países como Italia, Turquía, Israel e Alemaña. Os produtos que desenvolven están enfocados a diminuír o tempo de recuperación do paciente e poden ser usados en especialidades como a traumatoloxía, a neurocirurxía, a odontoloxía ou a cirurxía maxilo-facial, así como tamén en veterinaria.
Keramat é unha empresa creada como resultado das investigacións científicas levadas a cabo polo Departamento de Biomateriais do Instituto de Cerámica da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O compoñente de transferencia de resultados de investigación universitaria ao mercado que subxace no seu nacemento e traxectoria foi determinante á hora de que a Consellería de Economía e Industria decidise concederlle o seu apoio económico, xa que a valorización do coñecemento é un criterio prioritario para a concesión de axudas públicas ás empresas e centros de investigación galegos.
En 2012, Economía e Industria realizou unha aposta total de 3,3 millóns de euros no sector biotecnolóxico. Concretamente, a través do Fondo i2C contribuíuse ao financiamento de dúas iniciativas, a de Keramat máis outra correspondente á empresa Nanogap, por un valor total de 1,6 millóns de euros.
Mediante a posta en marcha deste fondo, a Xunta activou en 2012 unha nova fórmula que invirte o modelo tradicional de investimento público da Xunta en innovación empresarial, dotándoo dunha maior eficiencia. O capital risco implica un sistema de apoio financiero público-privado que aumenta a esixencia a nivel de resultados para as empresas e que revirte nas arcas públicas a través da participación nos beneficios.