Román Rodríguez destaca o papel de Galicia como referente na biotecnoloxía ao abeiro da estratexia de consolidación do sector impulsada pola Xunta
04/06/2024
- “Fomos unha comunidade pioneira que se adiantou ás tendencias globais neste eido para avanzar na atracción de talento, investimento e actividade empresarial”, di
- O conselleiro participa na presentación da segunda edición do Galicia Biodays, que se celebra o 12 e 13 de xuño en Vigo co apoio do Goberno galego
Vigo, 4 de xuño de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou hoxe o papel de Galicia como referente na biotecnoloxía. Fíxoo na presentación da segunda edición do Galicia Biodays, o foro da industria da Biotecnoloxía e Ciencias da Vida no Espazo Atlántico Europeo, que se celebrará os días 12 e 13 de xuño en Vigo co apoio da Xunta. O encontro está organizado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vid …


