O próximo 19 de decembro celebrarase unha Xornada dirixida ás PEMEs sobre oportunidades de financiamento en programas de I+D+i internacionais

2012-12-12

A xornada “Oportunidades de financiamento para PEMES en programas de I+D+I internacionais” está organizada pola Axencia Galega de Innovación, en colaboración con CDTI e a Rede I+D+i de FECYT. Terá lugar ás 10:00h do próximo día 19 de decembro en Santiago de Compostela, na sede da EGAP na Rúa de Madrid 2-4.

No primeira parte da Xornada, Emilio Iglesias Cadarso, da Dirección de Mercados Innovadores Globales do CDTI, explicará como as PEMES poden conseguir financiamento nos programas internacionais e bilaterias de I+D+i como Eureka, Eurostars, Iberoeka e os bilaterais (e+canadá, e+Japón, e+china, e+corea, e+india, e+sudáfrica).

Pola súa parte, na segunda parte da Xornada un experto do Nodo para Galicia da Rede I+D+i do FECYT presentará as accións de asesoramento a empresas que dita Rede ten en marcha e que poden utilizar de forma gratuíta todas as empresas interesadas. Igualmente, ó final da xornada, as empresas que así o desexen poderán manter entrevistas bilaterais co experto do Nodo para a consulta sobre o posible encaixe de ideas de proxectos e a revisión e asesoramento de posibles propostas.

A Xornada está dirixida ás PEMES e ós axentes do Sistema de Innovación e profesionais interesados.

A asistencia é gratuita, pero debido ó aforo limitado, rógase inscrición previa neste formulario

Programa

OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO PARA PEMES EN
PROGRAMAS DE I+D+I INTERNACIONAIS
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012
Sede da EGAP, Rúa de Madrid 2-4

10:00 – 10:15 Benvida e introdución.

10:15 – 10:45 O Programa EUREKA de apoio á competitividade das empresas.
Emilio Iglesias Cadarso. Dirección de Mercados Innovadores Globales. CDTI.

10:45 – 11:15 O Programa EUROSTARS para PEMES intensivas en I+D. O Subprograma
Interempresas Internacional.
Emilio Iglesias Cadarso. Dirección de Mercados Innovadores Globales. CDTI.

11:15 – 11:45 Pausa – Café

11:45 – 12:15 O Programa IBEROEKA, instrumento de cooperación tecnolóxica empresarial
en Iberoamérica, e Programas BILATERAIS de Cooperación Tecnolóxica internacional:e+canadá, e+Japón, e+china, e+corea, e+india, e+sudáfrica
Emilio Iglesias Cadarso. Dirección de Mercados Innovadores Globales. CDTI.

12:15 – 12:45 Instrumentos de financiamento dos programas de cooperación tecnolóxica
internacional: EUREKA, IBEROEKA e BILATERAIS .
Emilio Iglesias Cadarso. Dirección de Mercados Innovadores Globales. CDTI.

12:45 – 13:00 Rolda de preguntas

13:00 – 13:15 Accións de asesoramento a empresas da Rede I+D+I
Nodo da Rede I+D+I para Galicia

13:15 – 14:00 Entrevistas bilaterais entre empresas e expertos/as para a revisión de
propostas.
Nodo da Rede I+D+I para Galicia