Román Rodríguez destaca o talento que atesoura Galicia no eido científico e a capacidade xornalística de transmitir os seus avances á sociedade
19/06/2024
- O conselleiro participa na entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, de Xornalismo Científico Celia Brañas e de Divulgación Científica 2024 organizados pola Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, clausurou esta tarde o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, de Xornalismo Científico Celia Brañas e de Divulgación Científica 2024 convocados pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Xunta de Galicia. Ao acto tamén asistiu a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.
O titular do departamento de Ciencia da destacou que estes pr …


