A Xunta inviste 5 M€ na construción do centro de investigación avanzada eMobility de Borgwarner en Nigrán
11/10/2024
- O centro estará rematado a finais de 2025 e disporá dunha superficie de 4.000m² para investigación en tecnoloxías avanzadas para vehículo eléctrico
- Román Rodríguez aplaude que o proxecto permita contratar 30 profesionais de alta cualificación e colaborar con centros tecnolóxicos, universidades e empresas
- Este é un dos dous centros de investigación empresarial apoiados pola Xunta para complementar a oferta tecnolóxica do ecosistema de I+D+i de Galicia en áreas prioritarias para Galicia, xunto ao de Mestrelab Research en Santiago de Compostela
Nigrán (Pontevedra), 11 de outubro de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe en Nigrán as obras de construción do futuro Centro de Investigación Avanzada eMobility de B …


