A Xunta convoca a VI edición do Premio Empregados Públicos Innovadores coa incorporación dunha nova categoría sobre simplificación administrativa
15/10/2024
- Con este galardón búscase crear unha Administración pública máis eficiente e moderna capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía, así como recoñecer a actitude innovadora dos empregados públicos
- O certame conta con tres categorías e está dotado con 2.000 euros para as solicitudes individuais e 3.000 euros para as solicitudes grupais
- O prazo de presentación de candidaturas remata o 15 de novembro
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024.- A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da sexta edición do Premio Empregados Públicos Innovadores. Este galardón busca recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Administración pública galega para fa …


