A Xunta intercambia experiencias no ámbito da innovación con representantes do organismo encargado do fomento da produción en Chile
29/11/2024
- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, mantén contactos con distintas entidades como a Corporación de Fomento da Produción (CORFO), o Banco Iberoamericano de Desenvolvemento (BID), a Axencia Nacional de Innovación (ANI) de Portugal e a promotora Costarricense de Innovación e Investigación
- Estes encontros enmárcanse na participación da Consellería de Ciencia no Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta en Santiago de Chile que reúne a máis de 300 participantes de 20 países
Santiago de Chile, 29 de novembro de 2024.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, asistiu como invitada ao acto de peche do programa institucional da Corporación de Fomento da Produción (CORFO) de Chile no Centro Cultural La Moneda en Santiago de Chile. ...


