Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026.- O investimento en innovación en Galicia en 2024 ascendeu a preto de 969 millóns de euros, cun crecemento de case o 33% (32,7%), máis do dobre ca media estatal, que se sitúa no 13%. Este dato extráese do informe Indicadores de innovación e explotación da enquisa de innovación nas empresas. Análise de resultados publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística a partir dos datos procedentes da Enquisa sobre Innovación nas Empresas do Instituto Nacional de Estatística (INE) e do Regional Innovation Scoreboard (RIS) da Comisión Europea.
Galicia avanzou tanto en número de empresas, como de persoal e grao de cooperación. En 2024, o 16,4% das empresas con sede en Galicia realizou gasto en innovación, 1,6 puntos máis que en 2022, dato do anterior estudio. En total, foron 1.285 empresas, un 17,7% máis que dous anos antes, fronte ao incremento do 0,9% rexistrado no conxunto do Estado. Se se consideran todas as empresas que realizaron gasto en innovación en Galicia, independentemente da súa sede social, a cifra elévase ata 1.446 empresas. En canto ao persoal, as actividades innovadoras implicaron a 3.672 persoas, un 34 % máis.
Estes datos confirman un avance significativo nos principais indicadores de innovación, consolidando unha tendencia de crecemento sostido e reforzando o seu posicionamento dentro do sistema estatal de I+D+i. Os retos do financiamento privado e da propiedade intelectual serán claves para achegarse aos estándares europeos, pois Galicia presenta unha maior participación do sector público, en concreto, 41,9% fronte ao 27,8% estatal.
Así, o gasto en I+D sobre o PIB en Galicia incrementouse ata o 1,3 %. Malia atoparse por debaixo da media estatal e europea, a nosa Comunidade vén reducindo a distancia neste indicador con respecto a España e ao conxunto de Europa desde 2014. Así, unha vez máis os datos corroboran a converxencia, unha liña de traballo na que cómpre afondar a través do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 como folla de ruta.