Román Rodríguez celebra que máis de 130 empresas e axentes de I+D+i se interesen polo proxecto para fabricar en Galicia un prototipo do CERN
2026-06-23
Bruxelas, 27 de xaneiro de 2026.- Galicia avanza na planificación da Fábrica europea de intelixencia artificial One1HealthAI concedida a finais do pasado ano, que estará especializada no ámbito da saúde integral (humana, animal e ambiental) e situada no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Con esta finalidade, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na reunión en Bruxelas co director xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías (DG Connect) da Comisión Europea, Roberto Viola, cita á que acudiu conxuntamente co secretario de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades, Juan Cruz Cigudosa, a quen agradeceu a súa colaboración estreita.
O obxectivo é establecer a mellor planificación para o desenvolvemento desta factoría, unha das 19 que operarán en toda Europa, das que só dúas estarán en España e que supoñen un fito para a I+G+i polas posibilidades que abre en materia de investigación e innovación no campo da IA, a biotecnoloxía e a saúde.
Na reunión, na que o conselleiro acudiu acompañado por Carmen Cotelo, directora da Axencia Galega de Innovación, en representación da Xunta de Galicia, tamén participou o subdirector xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías da Comisión Europea, Thomas Skordas, así como a secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Teresa Riesgo, entre outros.