A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2025.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, amosoulle esta mañá á directora xeral de Intelixencia Artificial, Aleida Alcaide, do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública as capacidades do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Unviersidades e FP destacou a forte expansión que está a vivir o centro, no marco da aposta da Xunta de Galicia por tecnoloxías como a cuántica, a supercomputación e a intelixencia artificial polo seu potencial transformador do tecido produtivo e social e no avance da I+G+i.
En concreto, o Cesga está a acometer unha ampliación das súas infraestruturas cun investimento de 56 millóns de euros procedentes de fondos europeos e fondos propios da Xunta de Galicia. Este investimento inclúe a construción dun novo edificio no polígono compostelán da Sionlla, a adquisición dun novo supercomputador, o Finisterrae IV, un novo sistema de almacenamento e a compra dun novo ordenador cuántico, que acaba de ser adxudicado.
Ademais, a candidatura do Cesga a albergar unha das 19 factorías europeas de IA acaba de ser aprobada cun investimento de 82 millóns de euros, un 50% procedentes de Europa e o outro 50% estatal e galego. Esta fábrica de IA estará centrada no ámbito da saúde baixo o nome 1HealthAI e, grazas a ela, adquiriranse un novo supercomputador específico para intelixencia artificial e unha plataforma de supercomputación avanzada optimizada para IA experimental e prestará servizos de apoio integral a empresas e centros de investigación de xeito gratuíto.
Carmen Cotelo, por outra banda, tamén interveu esta mañá na II Conferencia Internacional de Cuántica Empresa, organizada por Fujitsu en colaboración co Cesga e a Xunta de Galicia. Na súa ponencia explicou a aposta de Galicia polas tecnoloxías cuánticas, que aspira a situarse como un referente no horizonte de 2030. Ademais, expuxo a folla de ruta para acadar este posicionamento, facendo fincapé nos fitos que se lograron en 2025 como a adhesión ao Ano internacional da ciencia e da tecnoloxía cuántica 2025, o liderado do proxecto Quorum Spain (Ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas) ou a concesión da participación galega no Centro europeo de excelencia en cuántica (QEX).