A Xunta apoia un proxecto innovador liderado pola empresa culinaria para garantir a seguridade alimentaria mediante intelixencia artificial
2026-08-05
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025.- Galicia sitúase estes días no foco internacional no ámbito das tecnoloxías cuánticas con motivo da celebración en Santiago de Compostela hoxe e mañá da II edición da International Quantum Business Conference, organizada por Fujitsu e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), en colaboración coa Xunta de Galicia. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, achegouse ata o encontro para saudar aos máis de 300 asistentes de dez nacionalidades que participan nesta cita que persegue potenciar as tecnoloxías cuánticas. Previamente, a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou na apertura do evento.
A II Conferencia Internacional de Cuántica Empresa coincide cun momento de grandes fitos para o ecosistema galego de cuántica. Galicia tamén destaca na investigación en computación, comunicacións e sensórica cuántica a través das súas universidades públicas, centros tecnolóxicos e o Cesga, así como en infraestruturas.
Neste sentido, o Cesga acaba de adxudicar a compra dun novo ordenador cuántico cunha capacidade de 54 cúbits que se suma ao actual Qmio, de 32 cúbits, e o Vigo Quantum Communication Center dispón de tres laboratorios experimentais e unha estación óptica terrestre para comunicacións cuánticas. Ademais, Galicia participará no primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica (QEX) en Europa, a través do Cesga e das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas e garantir o liderado europeo en computación cuántica.
No eido do talento, destaca a oferta en formación con dous másteres especializados: o Máster en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica, das tres universidades, e o Máster en Computación de Altas Prestacións, das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Así mesmo, conta cun ecosistema sólido e estable, gobernado a través da Rede galega de tecnoloxías cuánticas que integra a administración, universidades, centros tecnolóxicos, clústeres e empresas. Celebráronse dous encontros co ecosistema desde 2024 e Galicia contribuíu ao Ano internacional da ciencia e da tecnoloxía cuántica e á Estratexia de tecnoloxías cuánticas de España.
A colaboración público-privada entre Fujitsu, Cesga e Xunta de Galicia enmárcase no proxecto Quorum Spain, ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas en España, liderado desde Galicia co obxectivo de crear unha contorna colaborativa para fomentar a innovación no campo cuántico en España e posicionar ao país á vangarda das tecnoloxías do futuro, financiado por CDTI con fondos europeos Next Generation EU e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A cuántica está definida como unha iniciativa de alto impacto nunha área estratéxica no Plan galego de investigación e innovación 25-27, amosando así o compromiso do Goberno autonómico co desenvolvemento destas tecnoloxías a través do Polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia.