Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Madrid, 29 de outubro de 2025.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, agradeceulle hoxe á presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Eloísa del Pino, o seu apoio para acadar a Fábrica europea de intelixencia artificial 1HealthAI, que se localizará no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Así llo transmitiu o titular de Ciencia do Goberno galego nunha xuntanza de traballo mantida en Madrid, onde estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.
Esta Fábrica de IA, un proxecto conxunto de Cesga e CSIC, estará centrada no ámbito da saúde humana, ambiental e animal e contará cun investimento de 82 M€ procedente de fondos europeos, do Ministerio de Ciencia e Universidades e da Xunta de Galicia. É unha das seis novas fábricas europeas de intelixencia artificial que se instalarán en Europa, sumándose ás 13 xa existentes en todo o continente. Esta iniciativa inclúe a adquisición de infraestruturas de supercomputación avanzadas e unha plataforma experimental de IA optimizada.