A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos industriais para que poidan desenvolver a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos
26/12/2024
- A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61 investigadores participantes
- Doce doutorandos son contratados por empresas e tres por centros tecnolóxicos
- Este programa, ademais de potenciar a captación de talento e a creación de emprego de calidade, promove a transferencia de coñecemento das universidades ao tecido produtivo e fomenta a realización de proxectos de investigación industrial
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024.- A Xunta de Galicia acaba de facer pública a resolución da cuarta edición do programa de Doutoramentos Industriais, unha convocatoria da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP que posibilita a contratación de 15 persoas doutorandas por parte de e …


