Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe a segunda edición da convocatoria Vinnovate Galicia, unha liña de axudas cuxo obxectivo é potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional da investigación e innovación europea, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D+i.
A nova convocatoria, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través da Axencia Galega de, ascende a 1 M€ cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e financiará os axentes da nosa Comunidade que participen en proxectos de desenvolvemento experimental entre empresas e organismos de investigación de polo menos dúas rexións das 11 participantes. Tamén deben estar centrados en ámbitos temáticos aliñados coas súas respectivas estratexias de Especialización Intelixente. Isto son as áreas en que cada rexión se está especializando debido ás súas capacidades específicas.
Na convocatoria anterior apoiáronse catro proxectos con participación galega cunha axuda de 700.000 € nos eidos da saúde, a automoción e as enerxías renovables. Entre as novidades desta edición, destaca a exixencia de que un dos socios sexa unha peme cunha participación mínima do 30 % do orzamento e a ampliación do tipo de actividades subvencionables á investigación aplicada, cumprindo determinados requisitos.
Así, o consorcio galego deberá estar constituído por entre dúas e catro entidades que non deben estar vencelladas entre si e unha delas debe ser unha peme, cunha participación mínima no orzamento do 30 %. As axudas poderán acadar os 500.000 euros para proxectos que deberán comezar no ano 2025 e finalizar antes do 30 de setembro de 2028, e o orzamento mínimo da participación galega será de 150.000 euros.
Procedemento e prazos de solicitude
O procedemento de solicitude consta de dúas fases: unha primeira, ata o 15 de setembro, en que o líder do proxecto debe presentar ante a Vanguard Initiative un formulario coa proposta coa finalidade de verificar o cumprimento dos criterios e, posteriormente, se o informe desta é favorable, a entidade galega deberá presentarse á convocatoria da Axencia Galega de Innovación. O prazo de presentación de solicitudes desta segunda fase comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, que se realizará tras a aprobación no Consello, e rematará o 15 de outubro.
A Vanguard Initiative, da cal Galicia forma parte desde 2015, é unha alianza formada por 35 rexións europeas que ten como obxectivo estimular o crecemento europeo baseado na I+D+i mediante colaboración interrexional. Galicia foi pioneira entre as comunidades autónomas en participar neste mecanismo de financiamento da I+D+i a nivel europeo.
Áreas temáticas e países
As áreas temáticas en que deben estar centrados os proxectos que aspiren a formar parte de Vinnovate son a bioeconomía, a intelixencia artificial, o hidróxeno, a saúde intelixente e a medicina personalizada, a fabricación avanzada para aplicacións enerxéticas offshore, a produción de alto rendemento a través de impresión 3D, os novos produtos de base nanotecnolóxica e as fabricación eficiente e sustentable.
As rexións que participan en Europa en Vinnovate pertencen a oito países e son as seguintes: Leste dos Países Baixos-provincias de Gelderland e Overijssel e Sur dos Países Baixos (Países Baixos), Lombardía e Emilia Romaña (Italia), Gales (Reino Unido), Galicia e País Vasco (España), Baixa Austria (Austria), Baixa Saxonia (Alemaña), Norte de Portugal (Portugal) e Nordeste de Romanía (Romanía).