Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Santiago de Compostela, 16 de xullo do 2025.- A Xunta de Galicia felicita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela, que hoxe vén de recibir a distinción María de Maeztu en Zaragoza. O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, asistiu ao acto de entrega desta prestixiosa acreditación a este centro pertencente a Rede CIGUS de excelencia universitaria de Galicia.
Esta distinción “é mostra do gran traballo que realizan os investigadores do CiMUS coa súa directora, Mabel Loza, á fronte”, sinalou o representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP sobre a distinción María de Maeztu, un programa estatal que recoñece aos mellores centros e unidades de investigación de España.
O CiMUS é o segundo centro galego que obtén un María de Maeztu, despois de que o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) —centro mixto da Universidade de Santiago e a Xunta- o acadase en dúas ocasións, a última delas actualmente en vigor. “En Galicia contamos cunha ampla rede de centros de investigación magníficos que, co seu traballo e compromiso, sitúan a Comunidade como un referente neste eido”, engadiu José Alberto Díez.
Apoio de 15 M€
Este centro santiagués forma parte da Rede CIGUS, unha iniciativa da Xunta composta polos centros de investigación universitarios máis excelentes de Galicia e do que xa forman parte 10 entidades e 1.600 investigadores. Mostra do compromiso do Goberno galego con estes centros, a Xunta leva apoiado ao CiMUS no desenvolvemento da súa actividade investigadora con máis de 15M€ para a adquisición de equipamento científico-tecnolóxico ou para o desenvolvemento da súa plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, entre outros.