Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, asistiu hoxe en Santander ao encontro anual do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) coas comunidades autónomas. Esta reunión, convocada baixo o título de Cooperación Interterritorial: Sinerxías entre as estratexias de CDTI e a especialización rexional, serviu para coñecer de primeira man o plan estratéxico desta entidade para 2024-27, facer seguimento da colaboración e debater sobre o papel da rede de puntos de información sobre a financiación pública da I+D+i como canle de cooperación, promoción e asesoramento.
A Xunta de Galicia mantén unha colaboración co organismo estatal desde 2007 cuxo obxecto é colaborar activamente no fomento, a difusión e o apoio da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia. Neste marco, nos últimos anos abríronse novas liñas de traballo conxunto que permitiron reforzar as sinerxías entre os instrumentos de ambas as administracións.
Entre outras actuacións, e a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, reforzáronse a colaboración no apoio ás start-ups, a través da liña de rescate de proxectos Neotec. Esta liña de axudas permite recuperar aqueles proxectos presentados ás convocatorias deste programa estatal que obtiveron boa puntuación pero que non puideron ser financiadas por esgotamento do crédito. O novo Plan galego de investigación e innovación 25-27, ademais de dar continuidade a instrumentos coma este, porá en marcha novos apoios aliñados cos instrumentos de CDTI.
Xornadas de centros de investigación de excelencia
Pola súa banda, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participou hoxe na IV edición do Programa en xestión estratéxica e operativa de centros de investigación de excelencia, impulsado pola Xunta e desenvolvido pola Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA). Os cursos van dirixidos a directores e xestores de centros de investigación e teñen como obxectivo afondar en cuestións como a xestión de fondos, a atracción e retención do talento, a valorización, protección e explotación dos resultados de investigación ou a transferencia do coñecemento que se xera nestes centros á sociedade.
O representante da Consellería de Educación, Ciencia e Universidades destacou que este programa formativo é único en España e conta cunha gran acollida por parte dos participantes. De feito, as preto de 200 persoas que xa se formaron ao seu abeiro valorárono cunha puntuación dun 8,75. Así mesmo, puxo en valor o alto nivel do panel docente, integrado por expertos nacionais e internacionais.
A iniciativa ten como obxectivo reforzar as estruturas internas dos centros de investigación para incrementar a súa excelencia, ao tempo que se impulsa o seu liderado internacional como punta de lanza da investigación galega.