Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, como parte do traballo para deseñar os futuros plans locais de I+D+i, unha das principais novidades do Plan galego de investigación e innovación de Galicia 25-27 aprobado recentemente pola Xunta de Galicia. Esta medida ten por obxectivo “achegar a investigación e a innovación a todo o territorio galego”, sinala o representante do Goberno galego.
No encontro, no que tamén participou a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, púxose de manifesto a importancia de deseñar estes plans da man dos concellos, deputacións e de institucións como a Fegamp para “facer un proxecto sólido e efectivo no que melloremos a calidade de vida da cidadanía, independentemente do seu lugar de residencia, en base ás súas necesidades”, destaca Román Rodríguez.
Como explica o conselleiro, estes plans locais de I+D+i pretenden achegar solucións innovadoras en áreas como a planificación territorial, a sustentabilidade, a mobilidade ou a xestión de recursos, entre outras competencias dos gobernos locais.
Con este primeiro paso, a Consellería de Ciencia avanza na definición deste instrumento estratéxico que permitirá aos concellos identificar desafíos concretos nos servizos que presta para así deseñar solucións adaptadas ás súas necesidades específicas, o que contribuirá a fornecer o seu papel no ecosistema innovador da nosa Comunidade.