Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2024.- A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou hoxe nunha reunión cun grupo de expertos en I+D+i cuxo obxectivo é recoller as súas achegas para o novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 coa opinión destes profesionais recoñecidos en distintos eidos e recoller as súas achegas.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que o obxectivo deste plan é acelerar a transformación innovadora do ecosistema galego de I+D+i, Neste senso, subliñou a importancia de contar co apoio de axentes clave do eido innovador galego, como os participantes nesta xuntanza, para analizar as necesidades e deseñar solucións e contribuír a que Galicia sexa un referente en materia de I+D+i.
Neste comité participan profesionais de recoñecido prestixio en ámbitos como a investigación con Ángel Carracedo (USC-FPMXG), no eido da xenética; Minia Manteiga (UDC), astrofísica e experta en divulgación científica e o fomento das vocacións científicas; Concepción Paz (UVIGO), en enxeñaría e enerxía; Senén Barro (USC), en intelixencia artificial; Eva Póveda (Fundación de Investigación Sanitaria Galicia Sur), en investigación sanitaria. No eido das políticas públicas e a transferencia, cóntase con Diego Puga (do Centro para a Investigación en Políticas Económicas), no ámbito da economía e as políticas públicas de I+D+i, e Paloma Domingo (directora adxunta da Fundación CSIC), en colaboración público-privada na I+D+i.
No campo da innovación e da transferencia de tecnoloxía participou Jesús Lago, director xeral de Aimen e presidente da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA). Por último, do sector empresarial están Santiago Domínguez (Mestrelab), Sonia Martínez Arca (Batea Oncology), Francisco Pino (Ancora Mobile) e Carme Pampín (GalChimia).
Aprobación tras o Nadal
Esta reunión forma parte do proceso de elaboración do novo Plan galego de Investigación e Innovación, o instrumento de planificación operativa da Xunta de Galicia en materia de I+D+i para o periodo 2025-2027. Este proceso concebiuse como unha fase aberta e colaborativa, que contará coa participación de máis de 250 persoas en total e a celebración de 15 mesas de traballo con responsables públicos e representantes do ecosistema, co obxectivo de ofrecer unha visión integradora do ecosistema de I+D+i de Galicia. Este proceder permitiu revisar e adaptar os instrumentos do plan anterior e definir novas ferramentas que respondan ás demandas actuais, con especial atención ás pemes e aos sectores produtivos galegos.
Os seguintes pasos, antes da súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta no vindeiro mes de xaneiro, será sometelo á Comisión Interdepartamental de I+D+i da Xunta e ao Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación.