Román Rodríguez destaca o carácter transformador do sector biotecnolóxico na entrega dos XI Premios Bioga
24/01/2025
- O conselleiro de Ciencia felicita a Biostatech, Diversa Technologies e Gradiant e avanza medidas para converter a Galicia nunha biorrexión de referencia como a creación dun piloto de oficina de transferencia especializada
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2025.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, destacou na clausura da gala de entrega dos XI Premios Bioga celebrada no Biopolo da Sionlla o carácter transformador do sector biotecnolóxico sobre o resto de sectores e o seu impacto no crecemento económico e social de Galicia.
“Mostra da diversidade de sectores que interaccionan coa biotecnoloxía son as empresas premiadas nesta edición, que traballan en ámbitos como a bioestatística, a nanomedicina ou a intelixe …


