Galicia expón a súa traxectoria en compra pública de innovación nun encontro internacional en Portugal
2026-03-19
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2024.- A Xunta vén de coñecer a proposta dun Laboratorio TIC en Galicia da CRUSOE (Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo) e a multinacional xaponesa NTT DATA a través da Cátedra Institucional no ámbito da dixitalización. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiu hoxe á presentación desta plataforma de servizos avanzados que permitiría desenvolver proxectos de dixitalización emblemáticos cun impacto positivo no desenvolvemento económico.
No acto o conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e tamén participaron os reitores das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, Antonio López e Ricardo Cao. Tamén asistiron o presidente executvio da Secretaría Xeral Técnica de CRUSOE, Salustiano Mato, e o director científico da Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, Juan Castro.