A Xunta impulsa a posta en marcha de actuacións estratéxicas de I+D+i por 35 millóns de euros coas que se aspira a crear máis de 300 empresas innovadoras
11/10/2012
- O Consello da Xunta aprobou un convenio co Ministerio de Economía e Competitividade que ten como obxectivo estimular o investimento en innovación
- A través das accións incluídas no acordo, no marco da Estratexia Española de innovación (e2i), prevese ademais a mobilización de 42,5 millóns de euros de investimento privado en I+D+i
- Esta colaboración permitirá continuar avanzando no Plan galego de innovación, investigación e cremento (i2C), priorizando a valorización do oñecemento, a xestión profesional da innovación ou o acceso ao financiamento internacional
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (AGI), e o Ministerio de Economía e Competitividade colaborarán na posta en marcha de actuacións estratéxicas no eido da I+D+i por valor de 35 mill …


