Francisco Conde aborda coa CEP estratexias de traballo conxunto cara a nova lexislatura
09/01/2013
- Internacionalización e innovación centraron o encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, e membros da directiva como eixos fundamentais para a recuperación do crecemento
- A reunión forma parte da rolda de primeiros contactos cos axentes económicos e sociais que está a desenvolver o conselleiro de Economía e Industria
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, e membros da directiva desta entidade dentro da primeira rolda de contactos cos axentes económicos e sociais que se están a desenvolver para continuar avanzando na busca de actuacións conxuntas coas que facer fronte á actual …


